Os Bolechas encheron a Alianza Aresana de nenos e nenas nunha tarde chea de música e risas con «Aquí hai moito ruído!»

Comparte esta nota de prensa

Onte á tarde, a Alianza Aresana (Biblioteca Municipal) rexistrou un grande cheo de cativada e familias que gozaron ao máximo coa visita d’Os Bolechas, nunha función teatral que espertou un enorme entusiasmo entre o público máis pequeno da vila.

Ao longo da representación, os nenos e nenas participaron activamente axudando aos populares personaxes de Pepe Carreiro nunha divertida misión: enfrontarse a un misterioso personaxe que fixera desaparecer todos os sons, instrumentos e cancións, logrando entre todos que a música volvese soar na sala.

Esta exitosa proposta cultural celebrouse ao abeiro do programa de dinamización lingüística FalaRedes, promovido pola Xunta de Galicia (Rede de Dinamización Lingüística e Xacobeo 2027) en colaboración co Concello de Ares.

Moitas grazas a todas as nenas, nenos e familias que enchestes onte a Biblioteca e fixestes desta tarde de teatro e lingua galega todo un éxito!

Pódeche interesar