Así, mañá mesmo temos unha cita ineludible co remo local xa dende as 11:00 horas, co evento das “Sereas das Mirandas”, un proxecto pioneiro en Galicia para achegar a práctica do remo ás mulleres afectadas polo cancro de mama. Se queres saber máis, se desexas apoiar a iniciativa… esperámoste na Alianza Aresana!
Seguiremos dende as 12:00 ata as 13:30 con música, exhibición de merchandising, liscos… e chegaremos ás 19:00 horas coa presentación como tal da tempada na Praza do Palco:
- Homenaxe ás remeiras e remeiros do Club Remo Ares.
- Recoñecemento ao Socio de Honra.
- Tripulación ACT 2022.
- Presentación dos patrocinios.