A vista da Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa MA100: subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas no ano 2022, publicada no BOP nº 107 de 7 de xuño de 2022, elabóranse as:

BASES PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 7 PEÓNS PARA OS SERVIZOS MUNICIPAIS DE LIMPEZA DE PRAIAS VERÁN 2022.

PRIMEIRA.- OBXECTO.-
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de 7 PEÓNS co fin apoiar aos concellos da provincia no sostemento dos gastos da contratación dirixidos á limpeza de súas praias marítimas durante a tempada de verán.

SEGUNDA.- MODALIDADE.-

A modalidade de contratación, tendo en conta o obxecto da convocatoria será o contrato por obra ou servizo determinado, cunha duración de 2 meses (a determinar pola entidade contratante) e unha retribución mensual bruta (incluída parte proporcional das pagas extras) de 1.280,78 €/mes.

TERCEIRA.- SISTEMA DE SELECCIÓN.-

Nos termos do EBEP o sistema de selección, en atención ao obxecto, ao reducido prazo de contratación, á grave situación de desemprego existente no noso país (e concretamente na nosa comarca que ademais carece dun sector de aproveitamento primario e secundario), e á finalidade social que se lle pretende outorgar consistirá nunha baremación das circunstancias socioeconómicas aplicando os baremos establecidos no Anexo I e unha entrevista con exposición curricular.

CUARTA.- DURACIÓN DO CONTRATO E XORNADA LABORAL.-
A duración do contrato será de dous meses contados a partir da sinatura do mesmo. Os aspirantes que superen o proceso de selección, están obrigados a prestar unha xornada de 37,5 horas semanais, na medida e xeito requiridas polo interese do servizo, con horario de mañá, ou tarde, fraccionando a xornada se fose preciso, respetando os descansos semanais preceptivos.

QUINTA.- CONDICIÓN DOS ASPIRANTES.-
Para formar parte neste proceso de selección, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser español, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, estes últimos, acorde co disposto na Lei 17/1993, de 23 de decembro.
b) Ter cumpridos 16 anos.
c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes ó posto de traballo para o que se opta.
d) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.

SEXTA.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.-

As solicitudes para tomar parte no proceso de selección deberán facerse mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde, no modelo no Anexo II, que se facilitará a tal efecto no Rexistro Xeral do Concello, e presentaranse no propio Rexistro Xeral do Concello en horario de 9 a 14 h. Xunto coa instancia deberá achegarse a documentación que de seguido se relaciona. O prazo será de 5 días naturais.

• Fotocopia do D.N.I.
• Fotocopia da Tarxeta de Demandante de Emprego actualizada.
• Informe de Vida Laboral actualizada (non necesaria no caso de que conste a data de inscrición na tarxeta de demandante de emprego).

No suposto de que non poda acreditarse a antigüidade como demandante de emprego mediante: “Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego actualizada” e “Informe de Vida Laboral”, deberá acreditarse mediante un Informe emitido pola Oficina do Servizo Público que Emprego no que figure a antigüidade do candidato como demandante de Emprego.

A apertura deste proceso de selección publicarase nun Xornal dos de maior tirada da comarca, ademais da súa publicación na páxina web do Concello de Ares.

BASES en pdf