Esta concentración realizarase de xeito simultáneo fronte ós consistorios dos distintos municipios convocantes. Ademais de Ares, impulsan a iniciativa os Concellos da Capela, As Pontes, Pontedeume, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Monfero, Narón e Neda.
Así, dáse continuidade á liña de traballo que vén executando o Concello de Ares para reclamar á Xunta unha mellora integral do servizo de transporte, tendo en conta as queixas dos usuarios/as: o incumprimento constante e supresión de rutas e frecuencias, os cambios de horario sen comunicacións previas ou a carencia de reforzos nas paradas con maior demanda, entre outras.
A Concellaría de Mobilidade invita a sumarse á concentración para reivindicar un servizo de transporte público de calidade e loitar contra o illamento dos municipios da comarca.