Unha Praza do Pedregal repleta para ver o desfile da marca Chula Fashion!

Comparte esta nota de prensa

O traballo de Laura Fontán e Diego Cortizas despregouse onte coa súa característica variedade de formas, cores e deseños e poñendo en relación a cultura española coa vietnamita. Unha mostra de moda que se basea, ademais, no concepto “slow fashion” e na produción sostible, ética e inclusiva.

O desfile foi tamén unha homenaxe a Diego, o cofundador da marca xunto con Laura, falecido o ano pasado, amais dunha conexión directa entre Ares e Hanoi.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares ilumínase contra o cancro

Na noite deste pasado 4 de febreiro, Día Mundial contra o Cancro, a fachada da casa consistorial tinguiuse de verde como xesto simbólico de apoio