O Concello de Ares e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra promoven conxuntamente no andar superior da Casa da Xuventude unha nova mostra fotográfica dende mañá, 26 de abril ás 18:00 horas, coa súa inauguración oficial.
A exposición, composta por máis de medio centenar de instantáneas dos membros da Asociación, aglutina diferentes tipoloxías de prácticas fotográficas, enfatizando o seu carácter multidisciplinar con fotografías de paisaxe e aves, nocturnas ou de arquitectura da comarca.
Dende mañá até finais do mes de maio, haberá a posibilidade de visitala de luns a venres pola mañá, de 9:30 a 14:30 h., mais tamén os mesmos venres de 16:00 a 20:00 h., os horarios propios da Casa da Xuventude municipal.