A Academia AresXSalud aborda a importancia do solo pelviano na súa sesión de febreiro

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acolleu este venres pasado unha nova sesión da Academia AresXSalud, poñendo o foco da súa divulgación no coidado do solo pelviano. As fisioterapeutas do SERGAS Paula Carpente Leira e Consuelo Castro Guerra explicaron á veciñanza a relevancia deste conxunto de músculos e achegaron exercicios sinxelos para fortalecer a súa saúde no día a día.

A charla, organizada polas Concellarías de Deportes e Igualdade, serviu para ofrecer ferramentas prácticas tanto para mulleres como para homes no coidado do chan pélvico, axudando a impulsar o benestar da veciñanza dentro da súa cotiandande.

O noso agradecemento ás profesionais que impartiron a sesión e a todas as persoas asistentes que encheron o salón de actos. Xuntos fan da Academia AresXSalud un espazo de aprendizaxe e crecemento.

 

Pódeche interesar