A Alianza Aresana acolleu a presentación da Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro en Ares

Comparte esta nota de prensa

O municipio contará a partir de agora cunha agrupación de voluntarios e voluntarias que traballarán pola divulgación, sensibilización e acompañamento desta enfermidade. 

Na tarde do venres pasado, 1 de abril, a delegación da Asociación Española contra o Cancro formalizaba a súa consolidación na localidade aresán a través do acto de presentación da súa Xunta Local. O presidente provincial da asociación, Manuel Aguilar, amais do alcalde do municipio, Julio Iglesias, e as concelleiras Alma Barrón, Victoria Montenegro e Noelia Montero, acudiron a un evento que remarca o compromiso do voluntariado co impacto desta doenza en múltiples eidos: físico, psicolóxico, emocional, social…

De feito, Barrón enfatizou o “agradecemento inmenso a este grupo de veciños e veciñas solidarios que traballará na divulgación, sensibilización, acompañamento e recadación de fondos” dunha enfermidade con considerable impacto na nosa sociedade. O voluntariado da asociación en Ares terá presenza na vila con chalecos verdes que aluden á esperanza, elemento fundamental dentro das diferentes fases e procesos da doenza.

Así, á fronte da Xunta Local estará María Riveiros, acompañada dun equipo de traballo integrado por María del Carmen Juan, Ángela Loureiro, María Elena Castor, Alberto Saavedra e María Nieves Allegue.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado