A Área de Cultura informa dunha variada axenda para a próxima Semana

Comparte este evento

A Concellaría de Cultura, que dirixe Alma Barrón, anunciou a programación prevista para o municipio nos vindeiros días, que abrangue unha ampla oferta de actividades, desde unha exposición fotográfica, a presentación dun libro ou un concerto

Exposición fotográfica “Xeitos” do Grupo Bazán na Casa da Xuventude

Así, a Casa da Xuventude albergará desde o luns, día 6 de xuño, a exposición “Xeitos”, composta por unha colección de 34 fotografías realizadas por dezasete autores e autoras do Grupo Bazán.

A mostra se poderá visitar ata o 23 de xuño, baixo horario de luns a mércores entre as 10.00 e as 14.30 horas e os xoves e os venres, de 10.00 a e de 16.30 a 19.30 horas.

Alma Barrón destacou que o Grupo Bazán trátase dunha entidade con máis de catro décadas de historia que contribúe a promocionar o deporte e a cultura e que creou a sección de fotografía no ano 1994. Durante este tempo foi desenvolvendo múltiples actividades (cursos, debates, exposicións…), formou a numerosas persoas e difundiu a cultura fotográfica na comarca.

Presentación do libro “Teorías do Fin” de Antonio Seijas

O venres, 10 de xuño, será a vez para unha nova actividade literaria, coa presentación do libro “Teorías do Fin” de Antonio Seijas. O recoñecido autor aresán dará a coñecer na Alianza Aresana os detalles do seu primeiro poemario, co que vén de gañar o XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense.

Seixas abordará co público este novo proxecto co que quixo reflexionar, a través dos versos, sobre as teorías da fin do universo coñecido.

O acto, presentado pola responsable de Cultura, desenvolverase a partir das 19.30 horas e o creador contará, ademais, co acompañamento da escritora Andrea Maceiras.

Concerto da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia

Xa o domingo, día 12, a Igrexa San Xosé de Ares acollerá un concerto a cargo da Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia.

Os nenos e nenas que integran a agrupación musical ofrecerán, divididos en dúas seccións, baixo a dirección de Enrique Iglesias e Jorge Montes, un repertorio con obras de grandes autores como Burgoyne ou Tchaikowsky, interpretando tamén pezas de Jenkins, Warlock ou Sibelius.

Alma Barrón, resaltou que se trata “dun gran privilexio para Ares poder contar cun evento destas características”, á vez que informou que a entrada será de balde e que a actuación dará comezo ás 19.00 horas.

Pódeche interesar...

Avisos

Actividades de verán: Casa da Xuventude

Nos meses de xullo e agosto, a Casa da Xuventude acollerá competicións de tenis de mesa, futbolín, e-sports, xogos en rede e billar, mais tamén