A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra realizou unha visita ao Obradoiro de Emprego ‘Reinicia IX’ co obxectivo de achegar a realidade das persoas xordas aos alumnos-traballadores do taller, especializados en ‘Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes’.

Comparte esta nota de prensa

Durante a visita de onte, a presidenta da asociación e profesora de lingua de signos, Teresa Gallo, ensinou ao alumnado nocións básicas de lingua de signos e explicou que é unha persoa xorda. O encontro tamén serviu para difundir o servizo de voluntariado que se leva a cabo desde a asociación. Ambas as partes puideron aprender, valorar e concienciarse sobre a realidade das persoas xordas, creando un espazo de diálogo e colaboración para promover a inclusión e a conciencia social.

Moitas grazas á APX Ferrolterra pola visita!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares, escenario de deporte e convivencia

O pavillón municipal acolleu nestes últimos días varias xornadas de competición que reuniron a participantes tanto da comarca coma doutros puntos de Galicia para fomentar