A Casa da Xuventude acolle a exposición “Na Flor da Vida”, do pintor Luis da Silva Santiago

Comparte esta nota de prensa

A obra pictórica de Luis da Silva Santiago (O Portuxés) estará dispoñible ata o día 30 deste mes, nas instalacións do edificio municipal.

A Concellaría de Cultura da localidade inaugurou esta mañá a nova exposición pictórica que albergará a Casa da Xuventude para achegar a obra de Luis da Silva Santiago, “O Portuxés”.

Baixo o título de “Na flor da vida”, a mostra está composta por un conxunto de cadros que recollen a beleza natural de distintas flores, plasmadas polo recoñecido pintor local.

A colección poderá visitarse ata o día 30 de maio no último andar da Casa da Xuventude. O horario de visita é de luns a venres, pola mañá, dende as 09:00 ás 14:00 horas, e tamén polas tardes, de 16:30 horas a 19.30 horas.

Pódeche interesar