Esta tarde tivo lugar a inauguración, na que estiveron presentes a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e os representantes do Grupo Bazán, Carlos Cruz, Fran Suárez, José Amigo, David Souto e Alejandro Martínez
Durante o acto de presentación a edil de Cultura lembrou que a exposición, composta por un total de 34 fotografías realizadas por dezasete integrantes do Grupo Bazán, poderá visitarse de luns a venres entre as 10.00 e as 14.30 horas, e os xoves e venres tamén de 16.30 a 19.30 horas.
Os autores e autoras das imaxes son Alejandro Martínez, Antonio Carrete, Bea Rodríguez, Carlos Cruz, Chus Villamar, David Souto, Fer Cendán, Fran Suárez, Gelis López, José Amigo, Luis Losada, Luz González, Marcos García, Miguel Llano, Mónica Lorenzo, Pablo Mauriz e Pepe Botella.
A difusión da cultura fotográfica da comarca de Ferrolterra é un dos obxectivos desta entidade, con máis de catro décadas de historia. Durante este tempo o grupo foi desenvolvendo diversas actividades, cursos, debates, exposicións…, e formou a numerosas persoas.