A Concellaría de Cultura e Deportes vén de facer pública a programación navideña con máis de 25 actividades, arrancando mañá, 5 de decembro coa actividade “Ilumina os teus desexos” ata o 5 de xaneiro, coa Cabalgata dos Reis Magos.

Comparte esta nota de prensa

Nesta edición disfrutaremos de múltiples eventos xa asentados no municipio, como é o caso da Cabalgata de Papá Noel da man da S.C. O Tilo, o  XII Certamen de Panxoliñas (17 de decembro ás 18:30 horas ma Igrexa San Xosé) ou o Festival de Nadal de Baile Moderno, coa escola Comp-arte, o 16 de decembro (12:00 horas no pavillón deportivo municipal), xunto a outras novas iniciativas, como é o caso da actuación de Oswaldo Digón co seu monólogo “Outra Movida” (26 de decembro, Alianza Aresana, 20:00 h) .

No relativo ao aspecto deportivo, o 31 de decembro  (coas inscricións xa abertas en www.carreirasgalegas.com ) Ares e Mugardos acollerán a XVIII Carreira Popular de Fin de Ano, e antes desa data o municipio contará con actividades deportivas tanto nas parroquias coma no centro da vila para terminar o 2023 en movemento. Tenis de mesa, minibaloncesto, fútbol sala, voleibol, balonmán, xogos lúdicos nas parroquias… e, ademais, a posibilidade de despedirse do ano con bo ritmo dentro da sesión de zumba do 30 de decembro (12:00 horas) na Praza da Constitución.

Con todo, é importante destacar que algunhas destas actividades requiren inscrición previa. Así acontece nos distintos obradoiros culturais (“O Nadal chegou á Biblioteca”, “Obradoiro de Postais de Nadal”, “Manualidades no Nadal”, “Deseñando no Nadal”, “Postres de Nadal” e “Na procura dos Reis Magos”) que habilitan a inscrición a partir deste luns 4 de decembro ás 18:00 horas na páxina web do Concello: www.concellodeares.gal .

En canto ás actividades baixo a iniciativa “A xogar!” (fútbol sala, minibaloncesto, baloncesto, balonmán e voleibol), precisarán de reserva previa no pavillón polideportivo municipal de Ares (ata as 13:00 horas día anterior ao que se queira ir xogar). No tocante á actividade de “Xogos nas parroquias” requerirán inscrición previa no pavillón deportivo municipal ata as 13:00 horas do 26 de decembro.  En canto ás sesións de tenis de mesa as inscricións deberán realizarse ata as 13:00 horas do 2 de xaneiro,  na mesma instalación.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DE NADAL NA BIBLIOTECA 2023: https://forms.gle/xUmjUu2vFaQ9PpnM9

Pódeche interesar

Notas de prensa

Mestra no Concepción Arenal da Habana, primeira muller en ocupar a Vicepresidencia da Sociedade Fillas de Galicia creada para defender ás emigrantes galegas de calquera abuso e participante no I Congreso de Mulleres de Cuba de 1923, Andrea López Chao foi unha desas referentes que loitou por avanzar na sociedade do século XX.

A súa defensa do sufraxio feminino e da igualdade entre homes e mulleres expoñen a importancia de homenaxeala, xusto como se fixo o domingo pasado