A Concellaría de Cultura informa sobre a xestión de reservas nas actividades do Ares Indiano

Comparte esta nota de prensa

ROTEIROS EN BUS HISTÓRICO E PASEOS EN BARCO POLA RÍA

Desde o luns 14 de agosto, a Oficina de Información Turística (OIT) estará a cargo das reservas para dúas actividades no marco de Ares Indiano: o percorrido en autobús por Cervás e Redes, e os paseos en barco pola ría.
Se desexas sumarte á viaxe en autobús histórico cara a Cervás ou Redes, deberás acudir á Oficina de Turismo para facer a túa reserva. O roteiro guiado ten unha duración aproximada dunha hora, con saída desde a praza da Iglesia, e os custos son de 3 euros para adultos e 1 euro para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

En canto aos paseos en barco, tamén requiren unha reserva a través da Oficina de Turismo. Tes a opción de elixir entre o 19 e o 20 de agosto, en horarios de mañá ou tarde. O custo para adultos é de 5 euros e para nenos e nenas de 3 a 12 anos, 2 euros.

A maiores, a área de Cultura do Concello tamén lembra que para participar nos talleres tematizados as prazas son limitadas e débese xestionar a reserva na biblioteca municipal de Ares.

OBRADOIROS DÍAS PREVIOS

Os talleres previos, que terán lugar do 14 ao 18 de agosto, abarcan unha variedade de actividades, desde un taller de decoración indiana dirixido aos máis pequenos, ata un taller de aros florais para os adultos. Tamén haberá un taller dedicado á personalización de complementos indianos.

OBRADOIROS ARES INDIANO

Durante a fin de semana do Ares Indiano (19 e 20 de agosto), os talleres incluirán a creación de barquiños, unha experiencia de pintura caribeña a cargo de Mukina, a elaboración de sobremesas indianas para compartir en familia, e unha emocionante procura do tesouro indiano.

Para obter máis información sobre todas estas propostas, podes consultar o folleto con toda a programación detallada e tamén a páxina de Facebook do evento!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,