A Concellaría de Deportes abre as inscricións para a segunda ruta do SendAres 2022-2023

Comparte esta nota de prensa

Esmelle e o mirador de Pedrouzo serán os espazos centrais desta actividade programada para o 13 de novembro e que aúna sendeirismo e coñecemento do medio natural.

As persoas interesadas poderán inscribirse dende mañá, 18 de outubro, ás 18:00 horas ata o 1 de novembro, con 25 prazas asignadas e un prezo de 15 euros.

O SendAres, a programación municipal que conecta a exploración do patrimonio natural galego coa práctica deportiva, vén de anunciar a posta en marcha da súa segunda ruta, desta volta achegándose ós Muíños de Esmelle e o mirador de Pedrouzo na xornada do 13 de novembro. Segundo a información aportada polo Concello, o proceso de inscrición abrirá mañá, 18 de outubro ás 18:00 horas, cun trámite telemático a través da nova páxina web municipal (www.concellodeares.gal).

Neste segundo itinerario, os sendeiristas descubrirán o pequeño val conformado por varios regatos nos que se sitúa Esmelle e que desemboca na praia homónima, un dos areais máis impresionantes de Ferrolterra. Durante os 11 quilómetros de percorrido, haberá tempo para acceder a un antiguo búnker das baterías de costa do Golfo Ártabro, xusto no mirador de Pedrouzo, antes de encarar o camino de volta nunha ruta de dificultade media-baixa.

A actividade terá un prezo de 15 euros, no que está incluido o servizo de guía e tamén o desprazamento en autobús, que sairá as 8:00 horas de Ares e regresará preto das 14:00 horas ao punto de encontro habilitado: a Praza da Igrexa da localidade.

Para esta segunda ruta, a Concellaría de Deportes asignou unhas 25 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición ata as 15:00 horas do 1 de novembro ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: Ruta 2: Muíños de Esmelle e mirador de Pedrouzo 

https://forms.gle/Ko6E7H7AuCaDxDNR6

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,