A exposición fotográfica «Rostros da Memoria. Ferrol 1972» chega este venres a Ares.

Comparte esta nota de prensa

Unha mostra que impulsa a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coas asociacións culturais Fuco Buxán, Memoria Histórica Democrática e Memoria e Dignidade.

A exposición está integrada por 28 retratos en branco e negro, primeiro plano e estilo sobrio, austero, minimalista e expresionista, obra do fotógrafo e académico Xurxo Lobato.

A inauguración terá lugar este sábado ás 12:00 horas no paseo marítimo, á altura do Concello, nun acto aberto á veciñanza, que contará coa presenza tanto dos organizadores como de representantes municipais.

Así, a mostra permanecerá neste espazo, diante da Casa Consistorial, ata o día 24 de novembro. Unha homenaxe ás persoas vivas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras na cidade naval do ano 1972.

Pódeche interesar