A Igrexa de San José en Ares encheuse de espectadores para presenciar as actuacións das cinco agrupacións no XII Festival de Panxoliñas Concello de Ares.

Comparte esta nota de prensa

Organizado pola área de Cultura, o certame celebrouse onte na localidade para ofrecer unha destacada mostra de música coral local. O coro parroquial, a banda da A.C. Xábrega, a Rondalla de Trovadores de Ares, o grupo Son de Troula e a escola de música Laura Morgade presentaron os seus respectivos repertorios de cancións populares de Nadal.

No acto, dirixido pola concelleira de Cultura, Alma Barrón, tamén estivo a concelleira Victoria Montenegro, quen entregaron placas conmemorativas a cada grupo que participou nesta duodécima edición do Festival de Panxoliñas.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de