A mostra “Paisajes y Marinas de Ares”, do pintor José Antonio Porro, chega á Casa da Xuventude

Comparte esta nota de prensa

A exposición abrirase ó público do 3 ao 18 de agosto, de luns a venres en horario de mañá e de tarde, e xa os sábados de 12:00 a 14:00

A riqueza paisaxística de Ares despregarase na próxima mostra pictórica que se organizará nas instalacións da Casa da Xuventude da localidade, xa ao longo deste mes de agosto. Será a través da obra de José Antonio Porro, coa súa exposición “Paisajes y Marinas de Ares” dispoñible dende este mércores, 3, ata o 18.

José Antonio Porro, amais de pintor, é tamén docente na escola de pintura Mukina, con obradoiros en Ares, Pontevedra ou A Coruña de paisaxe para adultos ou de técnicas pictóricas para nenos e nenas. A través da mostra que desembarca o mércores, Porro amosará a súa mirada sobre o eido litoral máis próximo ó municipio, con importancia do mar e os elementos que configuran a paisaxe local.

A exposición poderá visitarse de luns a venres, de 9:00 a 14:00 e de 20:00 a 22:00 horas, e tamén os sábados, en horario de mañá, de 12:00 a 14:00, no piso superior da Casa da Xuventude.

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,