A nova edición de “SendAres 23-24”, o programa municipal de sendeirismo para conectar coa beleza natural e o exercicio ao aire libre, xa está en marcha!

Comparte esta nota de prensa

Desde outono ata primavera, ofreceranse 9 roteiros diferentes, un por mes, para promover a apreciación activa da nosa contorna a través da actividade física na natureza.

As prazas para o primeiro roteiro en Taramundi están cubertas, pero haberá máis oportunidades para unirte a estas aventuras de sendeirismo. Mantente atento/a ao noso calendario de roteiros, onde anunciaremos os períodos de inscrición para cada un deles.

Ademais de Taramundi, poderás explorar lugares impresionantes como Penas de Traba en Laxe, o Val do Dubra, o río Mandeo, Monfero, o río Sor, a costa de Malpica, Modoñedo e, por último, Laxe, Arou e Camariñas, incluíndo dúas etapas do famoso “Camiño dos Faros”.

Non te perdas a oportunidade de reservar a túa praza!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,