JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE, FAI SABER:

A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 18 de setembro, de 4:00 a 6:00 horas, e o día 20 de setembro, de 0:00 a 2:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo o día 18 de setembro, de 4:00 a 6:00 horas, afectan ás seguintes rúas ou lugares:

  • ARES (AVENIDA FEDERICO GARCÍA EXPÓSITO), BESOXO, PEDRÓS -ARES- (CAMIÑO PEDRÓS).

As instalacións eléctricas sometidas a descargo o día 20 de setembro, de 0:00 a 2:00 horas, afectan ás seguintes rúas ou lugares:

  • CURMÁ (ALDEA CURMÁ), PEZOAS (ADRIÁTICO, ALDEA PEZOAS, ATLÁNTICO, AVENIDA MEDITERRÁNEO, AVENIDA PACÍFICO, CANTÁBRICO, CARIBE, MAR DO NORTE).

O teléfono que proporcionan para aqueles que desexen calqueira aclaración ao respecto é 900 333 999.

Ares, 14 de setembro de 2023

 

O alcalde,

Asdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo