A Xunta de Voceiros do Concello de Ares acordou por unanimidade adherirse á Resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas de data 10 de Decembro de 2023

Comparte esta nota de prensa

A Xunta de Voceiros do Concello de Ares reunida no día de hoxe, mércores 13 de decembro  acordou por unanimidade:

– Adherirse á resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas de data 10 de decembro de 2023, na que se recolle o seguinte:

“Expresando a súa grave preocupación pola situación humanitaria catastrófica na Franxa de Gaza e polo sufrimento da poboación civil palestina, e poñendo de relevo que é preciso protexer ás poboacións civís palestina e israelí conforme ao dereito internacional humanitario,

  1. Esixe un alto ao lume humanitario inmediato;
  2. Reitera a súa esixencia de que todas as partes cumpran as súas obrigacións en virtude do dereito internacional, incluído o dereito internacional humanitario, en particular respecto da protección dos civís;
  3. Esixe a liberación inmediata e incondicional de todos os reféns e que se garanta o acceso humanitario”

– Trasladar dita resolución ao próximo Pleno para aprobala como declaración institucional

– Convidar os veciños e veciñas a unha concentración pola paz o vindeiro martes 19 de decembro ás 12.00 horas, ás portas do Consistorio.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,