A XVII Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares conclúe con preto de 200 corredores

Comparte esta nota de prensa

Malia o forte vento que houbo na xornada de onte, domingo 18, uns 200 corredores/as anímaronse a percorrer os 10 quilómetros da Carreira de Fin de Ano entre Ares e Mugardos, poñendo peche a un evento xa tradicional entre os dous concellos para despedir o ano con deporte e dende o ambiente navideño. Non faltaron, de feito, deportistas facendo guiño ao Nadal.

Así, a proba produciuse sen ningún incidente, pero afectada por esas condicións metereolóxicas adversas que afectaron principalmente aos tramos dentro da contorna municipal de Ares.

Ás 11:00 horas daba comezo a carreira dende o pavillón polideportivo do Cristo de Mugardos, espazo que tamén acolleu a meta e o sorteo das cestas de Nadal, en colaboración con Gadis, entre os corredores que terminaron todo o percorrido. Para a entrega das cestas, acudiron Lucía Blanco, concelleira de Ares, e Juan Domingo de Deus, alcalde de Mugardos.

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local