A XVIII edición da Carreira Popular de Fin de Ano Ares-Mugardos concluíu coa participación de preto de 400 corredores/as.

Comparte esta nota de prensa

Na xornada do domingo 31 de decembro, o numeroso grupo de corredores e corredoras percorreu os 10 quilómetros da carreira entre Ares e Mugardos, participando así nun evento xa arraigado entre ambos os municipios, onde despedir o ano con deporte e nun ambiente navideño converteuse nunha tradición. De feito, non faltaron deportistas que fixeron alusión á festividade de Nadal coa súa vestimenta.

Ás 11:00 horas, a carreira deu comezo desde o pavillón polideportivo de Ares, lugar que tamén albergou a liña de meta e o sorteo de cestas de Nadal en colaboración con supermercados Familia, destinadas aos corredores/as que completaron todo o percorrido. Na entrega das cestas estiveron presentes as concelleiras de Ares, Alma Barrón e Lucía Blanco, xunto coas concelleiras de Mugardos, Begoña Roldós e Ana Bastida.

Os organizadores expresaron o seu agradecemento a todos os participantes, patrocinadores, así como á colaboración brindada polas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e as Policías Locais de ambos os municipios.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,