Actividades Deportivas Municipais 2026-2027

Comparte este evento

INFORMACIÓN DE INSCRICIÓNS

As solicitudes de inscrición realizaranse na web municipal www.concellodeares.gal, no apartado das Actividades Deportivas Municipais 2026-2027 (no caso da actividade física +70, a inscrición farase presencialmente no pavillón deportivo municipal de luns a venres de 9 a 13 h).

  • EMPADROAD@S: con preferencia do 7 ao 14 de agosto.

  • NON EMPADROAD@S: Do 17 de agosto en adiante ata completar grupos.

Co fin de que o maior número de veciños e veciñas poida desfrutar da oferta deportiva municipal establécense as seguintes limitacións nas inscricións:

  • a.- Cada persoa poderá obter praza nun máximo de 3 actividades ofertadas para o que deberán realizar a inscrición por orde de preferencia.

  • b.- Só se poderá solicitar/adxudicar un dos horarios de cada actividade (ou sexa, un grupo).

  • c.- Poderán efectuarse modificación ou novas inscricións se despois da publicación das listaxes de persoas admitidas quedasen prazas baleiras.

A dispoñibilidade de praza e o comezo das escolas notificarase individualmente ás persoas interesadas.

MATRÍCULAS

Do 1 ao 8 de setembro, ambos inclusive, farase o pagamento da matrícula e da mensualidade destas actividades. Coste da matrícula:

  • EMPADROAD@S: 10,13 €

  • NON EMPADROAD@S: 18,99 €

DESCONTOS DE COTAS

  • 3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar: 50% na matrícula + 50% na cota da escola / actividade de menor importe.

  • Familia numerosa: 50% na matrícula + 50% en todas as escolas/actividades.

  • Familias carentes de recursos económicos (solicitude previa, comprobación e informe feito polos Servizos Sociais municipais): De balde.

ACTIVIDADES

1. PILATES + 14 ANOS

  • Lugar: No local social de Seselle

  • Horarios:

    • Martes e xoves: de 9:30 a 10:30 h. (G1); de 10:30 a 11:30 h. (G2); de 17:30 a 18:30 h. (G3); de 18:30 a 19:30 h. (G4); de 19:30 a 20:30 h. (G5)

    • Luns e mércores: de 19:30 a 20:30 h. (G6)

  • Prezo: 20,67 euros

2. IOGA + 14 ANOS

  • Lugar: Na Casa da Xuventude

  • Con tres horas semanais:

    • Luns e mércores: de 11:00 a 12:30 h. (G1)

    • Prezo: 23,54 euros

  • Con dúas horas semanais:

    • Luns e mércores: de 10:00 a 11:00 h (G2, IOGA EN CADEIRAS); de 18:15 a 19:15 h. (G3); de 19:30 a 20:30 h. (G4); de 20:30 a 21:30 h. (G5)

    • Prezo: 20,67 euros

3. TONIFICACIÓN + 14 anos

  • Lugar: No pavillón polideportivo municipal: sala de usos múltiples/ximnasio

  • Horarios:

    • Luns e mércores: de 9:30 a 10:30 h. (G1)

    • Martes e venres: de 19:30 a 20:30 h. (G2); de 20:30 a 21:30 h. (G3)

  • Prezo: 20,67 euros

4. PILATES + 16 ANOS

  • Lugar: No Centro Cultural Outeiro

  • Horarios: Luns e mércores: de 17:15 a 18:15 h. (G1); de 18:15 a 19:15 h. (G2)

  • Prezo: 18,83 euros

5. ZUMBA + 14 ANOS

  • Lugar: No pavillón polideportivo municipal: sala de usos múltiples

  • Horarios: Luns e mércores: de 19:30 a 20:30 h. (G1); de 20:30 a 21:30 h. (G2)

  • Prezo: 20,67 euros

6. XIMNASIA CAAMOUCO +16 ANOS

  • Lugar: Na Agrupación Instructiva de Caamouco

  • Horarios: Martes e xoves: de 19:30 a 20:30 h. (G1)

  • Prezo: 18,83 euros

7. BAILE LATINO + 16 ANOS

  • Lugar: No pavillón polideportivo municipal

  • Horarios: Xoves: de 19:00 a 20:30 h. (G1, Iniciación); de 20:30 a 22:00 h (G2, Avanzado)

  • Prezo: 14,14 euros

8. ACTIVIDADE FÍSICA + 60 ANOS

  • Lugar: No pavillón polideportivo municipal

  • Horarios: Luns e venres: de 9:30 a 10:30 h. (G1)

  • Prezo: 20,67 euros

9. ACTIVIDADE FÍSICA + 70 ANOS

  • Lugar: No pavillón polideportivo municipal

  • Horarios: Luns e venres: de 10:30 a 11:30 h. (G1)

  • Prezo: 20,67 euros

  • Nota: Inscricións presenciais no pavillón municipal.

Máis Información e Contacto

  • Web: www.concellodeares.gal

  • Teléfono: 981 46 81 02

  • Correo electrónico: deportes@concellodeares.com

  • Hashtag: #AresSaudable / #ViveAres

Pódeche interesar...

Actividades Municipais

Actividades Deportivas Municipais 2026-2027

INFORMACIÓN DE INSCRICIÓNS As solicitudes de inscrición realizaranse na web municipal www.concellodeares.gal, no apartado das Actividades Deportivas Municipais 2026-2027 (no caso da actividade física +70,

Eventos

Festas de San Roque Ares 2026

Venres, 7 de agosto Festa do Langostino: No Parque Rosalía de Castro (fronte ao parque infantil), de 13:00h a 16:00h e de 19:30h ata fin