A Concellaría de Comercio vén de comunicar a apertura dun novo prazo para canxear os vales premiados polo MercAres, tras recibir algunhas mensaxes da veciñanza expoñendo a súa necesidade de tramitar os vales aínda pendentes en ABANCA.
Desta maneira, toda persoa interesada poderá canxealos dende hoxe mesmo, 16 de marzo de 2022, ata o 30 de abril de 2022, na oficina bancaria de Ares. Será a última quenda habilitada para efectuar esta tramitación.