O Concello e o Club de Remo presentan a “Bandeira de Bateis Concello de Ares”

Comparte esta nota de prensa

O próximo sábado, 19 de marzo, ás 16.00 horas, o municipio contará cunha cita co remo local de gran atractivo e desfrute para infancia e pais e nais.

Noelia Montero, concelleira de Deportes, e Germán Sánchez, presidente do Club de Remo Ares, realizaron hoxe a entrega oficial da bandeira.

A bandeira que se entregará o próximo sábado, 19 de marzo, na Bandeira de Bateis Concello de Ares cambiou de mans esta mesma mañá. Noelia Montero, concelleira de Deportes, entregouna ao presidente do Club de Remo Ares, Germán Sánchez, no acto de presentación do evento deportivo. A cita arrancará ás 16.00 horas na rampla aresán como parte da Liguiña Territorial Norte de Bateis.

Montero aproveitou a presentación para enfatizar o “gran atractivo que supón un evento así, despois de todo o impacto da pandemia. Organízase ademais dentro da ría, con moitas embarcacións, e podemos desfrutala dende todo o paseo marítimo”. A edila de Deportes da localidade valorou a “importancia de manter esta colaboración porque é vital para nós, pero tamén é parte do espírito do Concello: ter unha relación fluída e estable con todos os que integran o tecido deportivo municipal”.

O presidente do Club de Remo de Ares, Germán Sánchez, salientou precisamente “a colaboración tan boa co Concello en todos os aspectos”, e agradeceu “a Protección Civil, Policía Local… ao concello en xeral” a súa implicación na cita deportiva. Para Sánchez, “hai opcións de gañar a bandeira, pero primeira hai que remala, iso sempre. De todas formas, é unha cita moi bonita sobre todo para os nenos e nenas, pero tamén ata para os seus propios pais”. A bandeira chega polo tanto como unha boa forma de gozar do remo a todos os niveis e idades.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado