A identidade de Ares constrúese a partir do seu litoral, da súa costa e das lendas que se espallan por ela, mais tamén está nos oficios mariñeiros que aínda perduran no municipio, coma é o caso dos redeiros e redeiras.
Estas son algunhas das sínteses que poderás atopar na exposición itinerante habilitada diante do consistorio, dispoñible ata o luns, 29 de agosto; unha mostra efémera que nos fala da relación pasada e presente de Ares co mar!
A exposición é parte do proxecto de cooperación «Valorización da actividade mariñeira a través dos espazos litorais e das prácticas deportivas acuáticas nos municipios de Ares e Concello de Valdoviño: Ares e Valdoviño no mar», impulsado por ambos concellos co apoio económico do GALP A Mariña-Ortegal e do GALP GOLFO Artabro NORTE, así como do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
Non quedes sen botarlle unha ollada durante esta fin de semana!