Ares acollerá a XV Edición do Campus Chiquibásquet

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Deportes, Noelia Montero, e Chiqui Barros, do Campus, presentaron un ano máis a tradicional iniciativa centrada na formación en baloncesto para os mozos e mozas de 5 a 18 anos.

Organizarase do 31 de xullo ao 4 de agosto, en horario de tarde, de 18 a 21:30 horas, no pavillón deportivo municipal

A décimo quinta edición do Campus Chiquibásquet levarase a cabo en Ares, e unha vez máis se presenta como unha iniciativa para que mozas e mozas de 5 a 18 anos poidan adentrarse no mundo do baloncesto.

Noelia Montero, concelleira de Deportes, xunto con Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Chiqui Barros, organizador do Campus, anunciaron esta actividade que se leva a cabo cada verán na localidade.

O Campus Chiquibásquet realizarase do 31 de xullo ao 4 de agosto no pavillón polideportivo de Ares, en horario de tarde, de 18:00 a 21:30 horas.

Drante este período, os participantes gozarán dunha combinación de formación, diversión e práctica do baloncesto. O custo da matrícula para o Campus é de 50 euros, cun desconto especial de 45 euros para os membros da mesma familia que se inscriban posteriormente.

Habilitáronse ao redor de 40 prazas para mozos e mozas de 5 a 18 anos. As inscricións xa están abertas e manteranse así ata o venres 28 de xullo ou ata que se esgoten todas as prazas dispoñibles.

Para reservar o teu lugar no Campus Chiquibásquet, podes facelo a través da páxina web chiquibasquet.wordpress.com, enviando un correo electrónico a chiquibasquet@gmail.com ou chiquibase@yahoo.es, ou chamando ao número de teléfono 676 408 520.

Pódeche interesar