Nesta anualidade o obradoiro de emprego achegará formación nas especialidades de Atención sociosanitara a persoas dependentes en institucións sociais e Traballos de Carpintería e Moble, incluíndo aplicación de vernices e lacas.
O Concello de Ares, xunto co de Cabanas, Mugardos e Fene, vén de recibir a concesión do novo obradoiro de emprego e formación “Reinicia IX”, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade. Esta novena edición desenvolverase entre o 19 de setembro de setembro de 2022 e o 18 de setembro de 2023 con dúas especializacións profesionais dispoñibles.
Por unha banda, asignaranse 10 prazas para formarse en Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e, pola outra, habilitaranse outras 10 prazas para a especialización de Traballos de Carpintería e Moble, incluíndo aplicación de vernices e lacas. O orzamento aproximado para a iniciativa sitúase preto dos 504.000 euros e inclúese tamén subvencións á contratación por valor de 7.500 euros para aquelas empresas que decidan incorporar a algún dos alumnos-traballadores do Reinicia IX.
Para poder inscribirse, é necesario atoparse en situación de desemprego, ser maior de 18 anos e estar empadroado/a nalgún dos catro concellos promotores. Tamén se precisará ter inscrición coma demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).
Con todo, o Concello de Ares lembra que é esencial que os interesados estean anotados cos códigos de referencia para as especialidades do obradoiro de emprego: SSCS0208 para a Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institución sociais ou MAMD0209 e MAMD0109 para as especialidades de carpintería e mobles.
Tras a selección dos participantes, o Reinicia IX proporcionará durante 12 meses sesións teóricas e prácticas en entornos reais de traballo, amais de contratos de formación e aprendizaxe en empresas para obtener o certificado de especialización profesional que corresponde a cada eido formativo.