Ares celebra o entroido co foco posto nos máis pequenos

Comparte esta nota de prensa

O mércores, 2 de marzo, a pista do CPI As Mirandas acollerá dende as 17.00 horas obradoiros, inchables e ata unha área de xogos xigantes. Sobre as 19.30, haberá tamén a tradicional queima do entroido.

Malia organizarse en exteriores, será necesario levar máscara ao prever grande afluencia, de cara a manter a hixiene e seguridade sanitarias.

A localidade aresán regresa progresivamente á nova normalidade recuperando eventos que xa funcionaban bastante ben antes do impacto da pandemia; esa é a síntese da Concellaría de Cultura tras presentar a programación do Entroido 2022. Así, a pista do CPI As Mirandas contará con múltiples actividades para toda a familia e, sobre todo, para a diversións dos nenos e nenas de Ares ao longo da tarde do mércores, 2 de marzo.

A celebración do entroido arrancará ás 17.00 horas e achegará aos máis pequenos e á rapazada obradoiros de antefaces, de chapas e de mensaxes nunha botella; un photocall para facerse fotografías cos disfraces; un área de xogos xigantes e un parque de inchables. O evento, que conta coa colaboración do grupo de gaitas do municipio, a Sociedade Cultural O Tilo e a intervención de Protección Civil, tamén incluirá a partir das 18.00 reparto de chocolate e orellas por un 1 euro e sorteo de agasallos para todos aqueles que vaian disfrazados. A tarde do 2 de marzo pecharase coa queima do entroido na praia urbana de Ares ás 19.30 horas aproximadamente.

“Tratamos de volver á nova normalidade pouco a pouco, mais coa adaptación aos condicionantes sanitarios de cada momento. É o que se vén realizando dende a Concellaría: recuperar os eventos que funcionan ben e que son necesarios para a vila”, salientou Alma Barrón, concelleira de Cultura. Barrón tamén lembrou que malia que non é necesaria ningunha reserva previa e o evento é ao aire libre, precisarase levar máscara pola posible afluencia de persoas, co principal obxectivo de garantir a seguridade sanitaria ao longo de toda a celebración.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,