Ares celebrará o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N) cunha ampla xornada divulgativa sobre a materia

Comparte esta nota de prensa

Con entrada libre e inscrición totalmente gratuíta via telemática, o salón de actos da Alianza Aresana transformarase en espazo de debate e reflexión o luns, 25 de novembro.

‘Violencia de xénero: perfil profesional, habilidades de intervención e autocoidado’ é o nome que recibe toda a xornada, a desenvolver en horario de mañá e de tarde, con 4 ponencias e 1 mesa redonda.

A Concellaría de Igualdade e Benestar, xunto co Centro de Información á Muller (CIM) de Ares, vén de presentar toda a programación municipal que se organizará polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A vila converterase en espazo de diálogo e intercambio de opinións de diferentes expertos e expertas na materia a través da xornada divulgativa “Violencia de xénero: perfil profesional, habilidades de intervención e autocoidado”, integramente promovida no salón de actos da Alianza Aresana.

Durante o mesmo luns, 25 de novembro, dende xa primeira hora da mañá (10:15 h.) ata o peche da tarde (18:30 h.), psicólogos, asesores xurídicos ou traballadores sociais abordarán diferentes temáticas especializadas, dende procesos de intervención xurídica ou psicolóxica con vítimas de violencia de xénero a formas de aplicar o autocoidado do persoal profesional que trata día a día cunha temática tan sensible.

Así, serán 4 ponencias e 1 mesa redonda  coa que a veciñanza poderá aumentar o seu coñecemento na situación actual da violencia de xénero.

O acto inaugural (10:30 h.) correrá a cargo do Alcalde do Concello de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo; a Subdelegada do Goberno de España en A Coruña, María Rivas López, e a concelleira de Benestar e Igualdade, Victoria Montenegro Paz. Posteriormente arrancarán xa as intervencións dos e das expertas, achegándose á violencia de xénero dende perspectivas multidisciplinares.

A asistencia ás charlas precisará de reserva previa vía telemática, cubríndose as prazas seguindo a orde de entrada das solicitudes de participación. As inscricións son totalmente de balde e só é necesario cubrir a seguinte ligazón: https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=fJQgsNq62kKn1rZrS7zRKsO7EdKEaLlNnn2gl-hiVrJUNFRORkJMUjBaUTQ2TUtIWERQN1pUQUQwVi4u&route=shorturl

De igual xeito, habilitáronse os seguintes números de teléfono para a resolución de dúbidas: 633 230 054 – 613 196 841.

 

 

CARTEL XORNADA ARES 2024

DIPTICO ARES 2024

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.