Ares contará con obradoiros, doces e literatura pola Semana do Libro 2024

Comparte esta nota de prensa

Mañá, martes, 23 de abril, a propia efeméride do Día do Libro, a Biblioteca Municipal aresá entregará doces aos usuarios que se acheguen, mais tamén haberá un obradoiro para nenos/as de 4 a 6 anos e o fallo do IV Concurso de Microrrelatos.

O xoves, 25 de abril, realizarase un segundo obradoiro para crianzas de 7 a 11 anos, ambos cun custe de 2 euros e inscrición previa en concellodeares.gal.

Esta semana arranca unha programación cultural especial na vila de Ares, toda directamente vencellada coa celebración do Día do Libro 2024 mañá, 23 de abril. A maiores da presentación xa realizada de ‘Cinza’, o cómic de Manel Cráneo que adapta unha novela de Xavier Alcalá, a Concellaría de Cultura tamén programou varias actividades para os pequenos e adolescentes do municipio.

Así, a Biblioteca Municipal de Ares acollerá mañá un obradoiro ás 16:30 h. para nenos/as de 4-6 anos, cun custe de 2 euros, mais tamén haberá espazo para a entrega de premios no IV Concurso de Microrrelatos (18:30 h.), coa materialización do fallo do xurado do certame literario que se promove en colaboración co CPI As Mirandas. Ademais, durante todo o día o equipo dinamizador da Alianza Aresana repartirá doces con forma de rosas aos usuarios/as que asistan á biblioteca.

Con todo, a programación chegará até o xoves, 25 de abril, ás 18:00 horas, cun segundo obradoiro polo Día do Libro, mantendo o prezo de 2 euros, pero variando a franxa de idade: será para crianzas de 7-11 anos.

As inscricións de cara a estes obradoiros poderán realizarse na páxina web municipal www.concellodeares.gal dende hoxe, luns, 22 de abril, ás 14:30 h. e no seguinte enlace: SEMANA DO LIBRO NA BIBLIOTECA 2024 (google.com)

Pódeche interesar