O 11 de setembro (11:00 horas) o noso municipio contará cunha andaina solidaria promovida pola Asociación Contra o Cancro en Ares, en colaboración co propio Concello! Serán 6 quilómetros de percorrido dende a praia do Xuncal – paseo marítimo – Poellas – Praia de Centeás – Praia da Barrosa e volta ó paseo marítimo da localidade.
Para participar, haberá que inscribirse previamente na andaina, cun custe de 5 euros para os adultos e de 3 euros para os nenos e nenas (ata os 12 anos).
Poderás inscribirte en Ópticas Noroeste, Kiosco de Emma, Floristería Real, no edificio municipal de Servizos Sociai ou nesta ligazón que achegamos:
https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/ares-en-marcha-contra-o-cancro-
VENDA DE CAMISETAS
Tamén lembramos que, se o desexas, podes apoiar economicamente á Asociación Contra o Cancro en Ares mercando a camiseta personalizada da andaina. Ten un prezo de 5 euros e poderán adquirirse:
• Hoxe, 10 de agosto, e mañá, 11 de agosto, no paseo marítimo de Ares dende as 19:00 horas en adiante.
• Reservando as camisetas na biblioteca municipal de Ares, na que se recollerán os datos para que a Asociación poida entregalas e cobralas con posterioridade.
• Reservando as camisetas vía telefónica no 697 355 400, para que a Asociación tramite as encargas.
Súmate e marcha contra o cancro!