Ares está presente en FITUR 2023 a través da revista Turismo Coruña!

Comparte esta nota de prensa

A Feria Internacional de Turismo, unha cita anual fundamental para os profesionais deste sector e para o posicionamento de novas ofertas turísticas en España, está a producirse dende hoxe, 18 de xaneiro, ata o 23, en Madrid, e Ares tamén ten o seu oco coma unha das localidades de interese dentro do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas.

Así, xunto con outros concellos e espazos relevantes na provincia da Coruña, o municipio aresán atópase representado na revista “Turismo Coruña” facendo fincapé no noso belo patrimonio natural e na nosa tradición, moi vencellada á fonda celebración do Corpus Christi. Neste sentido, Ares sitúase coma un lugar onde poder atopar un turismo activo, con actividades ao aire libre de todo tipo, dende rutas sendeiristas a paseos en barco, pero tamén un sitio ao que achegarse para desfrutar de paisaxes únicas.

Se queres saber máis, podes botar unha ollada á páxina que protagoniza o concello de Ares na revista!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,