Ares pechará o seu Ciclo de Cine de Verán coa proxección de “Rondallas”

Comparte esta nota de prensa

A película poderá verse este xoves, 13 de agosto, ás 22:00 horas, no patio das Escolas do Lago (Rúa Real, 117), dentro da programación VeraneAres 2026.

A actividade, promovida pola Concellaría de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, será de balde e estará dirixida a todos os públicos.

O Concello de Ares pechará esta semana o seu Ciclo de Cine de Verán ao aire libre coa proxección de Rondallas, película dirixida por Daniel Sánchez Arévalo.

Baixo o lema “¿A qué suena la ilusión de un pueblo?”, a película presenta unha historia protagonizada pola música, os soños compartidos e a ilusión colectiva, nunha proposta pensada para desfrutar en familia.

A sesión terá lugar ás 22:00 horas nas Escolas do Lago e será unha nova oportunidade para gozar do cine ao aire libre nun espazo emblemático da vila.

Con esta proxección, o Concello de Ares pon o punto final ao seu Ciclo de Cine de Verán, integrado na programación cultural de VeraneAres 2026.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.