A Concellaría de Igualdade e Benestar facilita o desprazamento á veciñanza de calquera idade que desexe desfrutar dunha celebración xa consolidada dentro do outono galego.
Habilitarase un autobús para ir á cidade lucense o venres, 7 de outubro, cun custe de 10 euros ida e volta. Será necesario apuntarse previamente dende hoxe nos Servizos Sociais de Ares.
. Coa mirada posta no outono e o mes de outubro, a localidade aresá viaxará ata Lugo para achegarse ao San Froilán 2022, unha festa declarada de interese turístico nacional e que ten as súas orixes no século XVIII. O folclore galego, a gastronomía, o mercado e a feira ou os espectáculos do programa municipal son algúns dos seus atractivos, que se poderán desfrutar a través da iniciativa que organiza a Concellaría de Benestar e Igualdade.
Desta maneira, o venres, 7 de outubro, o Concello promoverá unha viaxe en autobús a Lugo para todas as persoas, independentemente do rango de idade, que desexen coñecer de preto a celebración do San Froilán, facilitando o desprazamento en termos económicos e loxísticos. Para iso, é necesario inscribirse previamente acudindo aos Servizos Sociais de Ares (antigo concello) dende hoxe ata o 30 de setembro.
O custe será de 10 euros, incluíndo o transporte de ida e volta, e deberá aportarse no momento da reserva. A saída dende Ares está planificada para as 9:30 horas e, dende Lugo, para aproximadamente as 21:00.
Para dúbidas ou máis información, está dispoñible o número de teléfono 981 448 354.