Ares recibe a calificación Excelente das súas Zonas de Baño

Comparte esta nota de prensa

O Concello vén de recibir a notificación da Consellería de Sanidade

O concelleiro de servizos, José Juan Vilar, informou de que o Concello vén de recibir a notificación da Consellería de Sanidade respecto á clasificación sanitaria final das zonas de baño do municipio. Así, as praias analizadas de Ares, Raso, Seselle e Chanteiro recibiron un excelente. Unha «nota» que estará vixente para a próxima tempada nos areais de Ares.

A vixilancia sanitaria das zonas de baño lévase a cabo mediante a inspección e mostraxe periódica da auga das zonas de baño incluídas no censo realizada polo corpo de farmacéuticos inspectores de saúde pública durante a tempada de baño. Así, ao final da tempada de baño, cos datos obtidos nesa tempada o cos resultados das tres anteriores, calcúlase a clasificación sanitaria da auga de baño que pode ser excelente, boa, suficiente e insuficiente.

Pódeche interesar