A Concellaría de Mobilidade do Concello de Ares lembra que mañá xoves, día 2 de xuño, a Plataforma por un Transporte Digno para Ferrol e Comarca convoca os seguintes actos no noso municipio.

Comparte esta nota de prensa

A partir das 18.00 horas mesa informativa instalada no Paseo Marítimo. Haberá unha enquisa a disposición dos usuarios para recoller as súas opinións e necesidades, que será posteriormente trasladada á Xunta.

Ás 20.00 horas celebrarase unha concentración ás portas da Casa Consistorial.

A edil de Mobilidade, Lucía Blanco, anima á veciñanza a participar nestes actos para reclamar un mellor servizo de transporte en todo o ámbito do territorio municipal e comarcal.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado