Ares sumarase á XV edición de “Móllate polos ríos”

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

A iniciativa, na que colabora o Concello e a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, producirase ao longo do domingo, 25 de setembro, e involucrará a preto de 60 entidades galegas na limpeza simultánea de cursos fluviais.

A denuncia da contaminación e deterioro dos ríos sitúase coma un dos principais obxectivos, xunto co fomento da concienciación desta problemática.

Durante a xornada do domingo, 25 de setembro, a localidade aresá participará na XV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” promovida pola asociación ecolóxica ADEGA, coa colaboración estreita da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e do Concello. Así, preto de 60 entidades galegas, dende administracións locais a centros de ensino ou outras asociacións, limparán ao mesmo tempo os seus cursos fluviais máis próximos para expoñer o seu deterioro e deixalos libres de lixo.

Ao longo do 25 de setembro, os voluntarios e voluntarias aresáns actuarán no manantial de Bordocedo (preto do Mosteiro de Santa Catalina), que conecta co río dos Frades. A xornada arrancará ás 10:30 horas e estenderase aproximadamente ata as 12:00.

Dende a organización recomendan que o voluntariado traia luvas de fregar da casa (as de vinilo ou látex rompen con facilidade), botas de auga, bolsas para a recollida de lixo e paus con punta, de ser posible

Toda a información dos participantes de “Móllate polos ríos” xa está dispoñible en https://proxectorios.org/limpeza/participantes/. No caso de Ares, a inscrición para sumarse á iniciativa xa está aberta contactando vía telefónica co 639 850 308.

Pódeche interesar