As cores inundaron o ConciliAres!

Comparte esta nota de prensa

Os pequenos participantes do servizo municipal de conciliación familiar e laboral gozaron o pasado venres dunha “festa Holi”, unha actividade que involucrou pos de cores, inspirada no famoso Festival da Primavera ou Holi da India. Esta celebración hindú converteuse nunha das máis significativas no país, defendendo a paz e a igualdade sen importar xénero ou status social.

Os pos de cores, actualmente en boga, fanse a partir de elementos orgánicos que preservan o medioambiente e non deixan residuos contaminantes.

Foi unha combinación perfecta de música, baile e diversión para despedir a semana!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de