As melodías da Orquestra Sinfónica de Galicia enchen a Igrexa de San Xosé de Ares

Comparte esta nota de prensa

Corenta e catro mozas e mozos da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) achegáronse até Ares para ofrecer o Concerto de Reis este sábado pasado, un xeito de despedir o Nadal e tamén a programación lúdico-cultural que desenvolveu o Concello nestas datas festivas.

As voces do Coro Infantil e do Coro Xuvenil soaron con forza na Igrexa de San Xosé, reconvertida en escenario musical, e permitiron á veciñanza gozar de composicións clásicas e modernas con acompañamento de piano.

Unha oportunidade perfecta para coñecer e recoñecer o talento desta agrupación coral que agardamos ver de novo moi pronto en Ares!

 

Pódeche interesar