A Oficina de Turismo de Ares atendeu a máis de 3.200 persoas na tempada de verán de 2026

As cifras reflicten un incremento de máis dun 1,8 % no número de visitantes respecto ao verán de 2025, acadando as 3.218 persoas usuarias atendidas a través de 1.634 consultas. Das consultas rexistradas pola oficina, o groso procedía de Galicia (948 consultas) e da Comunidade de Madrid (399), cun salientable crecemento do turismo sénior (+60 […]
Emotiva homenaxe en Caamouco ás vítimas do Ciclón da Habana de 1926 e a toda a nosa emigración

A Agrupación Instrutiva de Caamouco promoveu unha sentida homenaxe aberta á veciñanza para lembrar ás vítimas do Ciclón da Habana de 1926, así como a todas as galegas e galegos que emigraron da nosa terra e nunca máis puideron regresar. O acto congregou a unha ampla representación do tecido social e veciñal da contorna. Na […]
O Concello de Ares reforzou o servizo de socorrismo na praia de Chanteiro cunha subvención de 7.500 euros da Xunta de Galicia
O Concello de Ares contou cunha subvención de 7.500,00 euros da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para financiar parcialmente o servizo de vixilancia, rescate e salvamento na praia de Chanteiro durante a tempada estival de 2026. Esta actuación permitiu prestar o servizo mediante dous socorristas diarios, do 1 […]
A Biblioteca Municipal de Ares acolleu a presentación do conto infantil ‘La tortuga Tomasa y el erizo Narciso’

As familias e a cativada da vila déronse cita na Biblioteca Municipal para compartir unha tarde moi especial arredor dos libros coa escritora Teresa Cal Baudot, quen presentou a súa máis recente obra infantil, ‘La tortuga Tomasa y el erizo Narciso’ (publicada polo selo Apuleyo Ediciones e con ilustracións do artista Daniel Estandía). Durante o […]
Ares celebrou o Samaín cunha tarde chea de misterio, diversión e tradición para toda a familia!

A veciñanza e visitantes déronse cita onte na praza da Constitución para gozar dunha nova edición da festa do Samaín, organizada polo Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Cultura, que encheu a vila de disfraces, outono e ledicia compartida entre cativos e maiores. Dende as 17:00 horas, a programación infantil e familiar […]
Puntos limpos móbiles instalados nas contornas de Avenida Federico Expósito e Mariña do Pombal (09.11.2026)

🔷 Lembra que esta semana os puntos limpos están instalados nas contornas de 📍 Avenida Federico Expósito e Mariña do Pombal para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. 🚮 Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE MARIÑA DO POMBAL Podes […]
O concurso de debuxo infantil «Compostar en Ares mola!» xa ten gañadores!

A través deste certame creativo, promovido polo Concello de Ares en colaboración co CPI As Mirandas, o alumnado de Educación Infantil encheu de cor e orixinalidade as aulas, amosando situacións cotiás relacionadas coa separación da materia orgánica, o composteiro e o colector marrón. Tras a deliberación do xurado, formado por docentes do colexio e a […]
Rematan con grande éxito os obradoiros de costura creativa e ‘upcycling’ téxtil na Casa Rectoral de Ares

A Casa Rectoral puxo o punto e final ao ciclo municipal de obradoiros de customización de roupa, no que a veciñanza participou activamente para aprender a coser, reparar e transformar pezas en desuso baixo unha premisa clara: «A moda máis sustentable non é a que se merca, senón a que se transforma». Ao longo das […]
A Biblioteca Municipal de Ares despide a súa programación de Samaín co contacontos «Tarecos e castaña do alén»

A Biblioteca Municipal de Ares puxo onte o broche de ouro á súa programación especial de Samaín coa celebración da sesión de contacontos familiar «Tarecos e castaña do alén», unha proposta gratuíta que encheu o espazo de historias, misterio e tradición compartida entre pequenos e maiores. A actividade completou o ciclo de iniciativas arredor do […]
AVISO | Axuste de data na axenda cultural – Cita cos contos e a imaxinación na nosa Biblioteca Municipal de Ares!

Informamos de que, por motivos de reestruturación e coordinación da programación cultural municipal, a presentación do conto infantil ‘La tortuga Tomasa y el erizo Narciso’ pasa a celebrarse o vindeiro venres, 6 de novembro, mantendo o mesmo horario e emprazamento. O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Cultura, convídate a descubrir esta […]
Aberta a inscrición para a segunda ruta do SendAres 2026-2027!

Ruta circular Ares-Cervás-Ares 15 de novembro Saída: 9:00 h · Chegada: 13:00 h Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares Percorrido: 11 km · Desnivel: 100 m (+/-) Dificultade: baixa Prazas limitadas: 25 persoas · Prezo: 5 € Un percorrido pola costa de Ares para descubrir algúns dos seus enclaves naturais máis destacados. A […]
AVISO: A festa do Samaín de Ares adiántase a mañá, xoves 5 de novembro, por previsión meteorolóxica.

O Concello de Ares informa á veciñanza de que, debido á previsión de tempo desfavorable para o venres, a celebración do Samaín na vila adiántase a mañá, xoves 5 de novembro, mantendo integramente a súa programación dirixida ao público infantil e familiar. A celebración comezará ás 17:00 horas na praza da Constitución, ofrecendo unha tarde […]