Ares volve a ser escenario de rodaxe

O paseo marítimo da nosa localidade acolleu na mañá de onte, mércores, 15 de marzo, unha nova gravación audiovisual; a veciñanza puido ver o trasfego do equipo técnico e artístico, unhas 30 persoas, encargado da producción da serie “Saudade de Ti” para a TVG. Desta volta, Ares converteuse no espazo protagonista dunhas secuencias de diálogo […]

Esta fin de semana arranca a segunda edición do DegustAres!!

Nas xornadas do 18, 19, 25 e 26 de marzo, poderás desfrutar da gastronomía de Ares co concurso de pinchos que promove a Concellaría de Comercio. Achégate aos 11 establecementos adheridos á iniciativa gastronómica, degusta as tapas e puntúa os tres mellores pratos! Se cubres toda a cartilla, entrarás no sorteo de 5 vales de […]

Ares conmemora os 119 anos da Alianza Aresana de Instrucción

Os actos para celebrar o aniversario da sociedade fundada en 1904 na Habana polos emigrantes da localidade divídense en dúas datas: o venres, 17 de marzo, coa actuación de Isaura & Co, e a propia efeméride oficial de creación, o domingo, 20. Na programación do 20 de marzo destaca especialmente a entrega do premio que […]

Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 14 de marzo, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores de lixo habituais. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes.

Este venres, 17 de marzo ás 11:00 horas, lembra que o salón de actos da Alianza Aresana acollerá a presentación de “Muller dixital”, un programa con varios cursos formativos gratuítos para mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego.

Achégate ata alí coa fotocopia do DNI e da Tarxeta de desemprego e poderás sumarte a algún dos 3 cursos que se deseñaron: Curso de Competencias básicas dixitais, que sirve para aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, á creación de contidos, ao uso das tecnoloxías para a comunicación e á resolución de […]

CANDO VOLVES? CENTRO DRAMATICO GALEGO – SHAKESPEARE EN ROMA

A partí r de textos de William Shakespeare ORIOLANO: dirección Rui Madeira, dramaturxia Volodymyr Snegurchenko JULIO CÉSAR: dirección María Barcala e Xúlio Lago, dramaturxia Ana María Carreira Vareta ANTONIO E CLEOPATRA: dirección Sara Rey, dramaturxla Ana Abad de Larriva TITO ANDRONICO: dirección Quico Cadaval, dramaturxia Lorena Conde Martínez Lugar: SALON NOBRE PAZO DE FONSECA Santiago […]

Ares volve a Santiago de Compostela para gozar do teatro de “Shakespeare en Roma”

A Concellaría de Cultura programa unha visita ao Salón Nobre do Pazo de Fonseca o domingo, 26 de marzo (19:00 horas), sumándose ao Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego. O servizo de transporte é gratuíto e a representación terá un desconto nas entradas: custarán 3 euros por persoa. As inscricións para a iniciativa xa […]

As Sereas das Mirandas e as Leonas del Guadalquivir estreitan os seus lazos en Sevilla

Dende o pasado venres ata este domingo, en Sevilla houbo unha particular expedición aresá: representantes das Sereas das Mirandas, o proxecto de remo terapéutico de Ares centrado nas particularidades do cancro de mama, achegouse ata a capital de Andalucía para manter novas xornadas de confraternización co seu equipo irmán, as Leonas del Guadalquivir. As mulleres […]