Non esquezas que hoxe, 2 de maio, é o comezo da exposición Galicia en Foco na Casa da Xuventude de Ares

Comparte esta nota de prensa

O evento, organizado polo Club de Prensa de Ferrol en colaboración co departamento municipal de Cultura, recala en Ares cunha selección das mellores fotografías do fotoperiodismo galego durante o ano 2022.

Esta mesma tarde quedou inaugurada coa presenza de Xoán Rubia en representación do Club de Prensa de Ferrol, a presidenta do club, Xulia Díaz, e a concelleira de Cultura, Alma Barrón.

As imaxes da exposición capturan a cultura, tradicións e conflitos sociolaborais da vida en Galicia, proporcionando unha crónica anual dos eventos e sentimentos do pobo galego. Tamén é unha oportunidade para coñecer o traballo dos fotoperiodistas e a súa identificación coa Galicia contemporánea.

A exposición estará aberta ao público ata o 14 de maio, de luns a venres, desde as 10.00 ata as 14.30 horas, con entrada libre e gratuíta.

Non te perdas a oportunidade de gozar desta crónica anual da vida en Galicia a través da lente dos fotoperiodistas!

Pódeche interesar