Comezan os traballos que adecuarán o aparcadoiro próximo á Reitoral

A intervención incorporará losa céspede en cada unha das prazas de estacionamento, instalará novo alumeado público de tipoloxía LED e realizará un aglomerado do vial de acceso. A Concellaría de Urbanismo vén de informar do arranque das obras no aparcadoiro anexo a Cortiñas Gil e á rúa Reitoral, un dos principais espazos para o estacionamento […]

Manuel Carballeira Rivas gaña o XV Concurso de Pintura Manuel Rebón

Juan Manuel Álvarez Romero conseguiu o primeiro premio coma mellor artista local, namentres que Eduardo Pérez Baamonde e Méndez Pérez de Arévalo recibiron os accésits. Dende mañá, 15 de setembro, habilitarase unha exposición no CIRS de Cervás con todos os cadros presentados no certame aresán. Alma Barrón, concelleira de Cultura da localidade, desvelou esta mañá […]

O M. Presas continúa coas súas rutas marítimas ata o 15 de outubro!

Durante as fins de semana, cun prezo de 8 euros para menores e 15 euros para os adultos, podes achegarte á cultura mariñeira de Ares ou descubrir a beleza da súa paisaxe costeira a través dos percorridos pola ría. Unha oportunidade incluso para afondar na mitoloxía local, navegando moi preto das increíbles Illas das Mirandas. […]

Onte quedou oficialmente inaugurada a exposición “Nós somos elas” que se atopa ata o 25 de setembro no salón de actos e na entrada da Alianza Aresana.

Victoria Montenegro, concelleira de Igualdade e Benestar, e o director e a abogada do Centro de Información á Muller (CIM) de Ares acudiron ás instalacións municipais para presentar esta mostra composta de 24 fotografías do Arquivo Vidal, cada unha acompañada ademais cun texto dunha creadora contemporánea. O século XX ponse así en relación co século […]

Resultado primeira proba para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes ou ausencias que se poidan dar nos postos de Limpiador/a Municipal

ACTA DA COMISIÓN SELECCIONADORA PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NOS POSTOS DE LIMPIADOR/A MUNICIPAL PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS No salón de sesións do Concello de Ares, sendo as 10:30 horas do día 9 de setembro de 2022, […]

Ares propón unha viaxe a Lugo polo San Froilán

A Concellaría de Igualdade e Benestar facilita o desprazamento á veciñanza de calquera idade que desexe desfrutar dunha celebración xa consolidada dentro do outono galego. Habilitarase un autobús para ir á cidade lucense o venres, 7 de outubro, cun custe de 10 euros ida e volta. Será necesario apuntarse previamente dende hoxe nos Servizos Sociais […]