A concelleira de Urbanismo de Ares, Olimpia Marcos; o director do Instituto de Estudios do Territorio (IET), Enrique de Salvador, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, supervisaron o resultado das dúas obras que se acometeron na contorna da parroquia de Lubre, centradas na mellora do impacto paisaxístico no lavadoiro de Bulleiro e no Local de Ensaio próximo á igrexa románica.

Nese senso, o Concello aresán acometeu estas rehabilitacións a través da liña de axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que aportou fondos económicos superiores ós 30.000 euros para o impulso do “fermosismo galego”. Así, no Local de Ensaio de Lubre renovouse o exterior do edificio co obxectivo de acadar a maior integración […]

O camiño de subida a Barracido dende Marina do Pombal estrea nova pavimentación

A Concellaría de Urbanismo anunciou hoxe o remate das obras de pavimentación no tramo entre a saída da urbanización de Marina do Pombal, aproximadamente, ata o cruce en dirección Rodelas e Solaina. A intervención repuxo o pavimentado que presentaba un tratamento de triple reglo en mal estado, co principal obxectivo de mellorar a comunicación interna […]

CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 2022

1 de decembro do 2022 ao 31 de xaneiro do 2023 BASES DE PARTICIPACIÓN 1-         OBXETO: O obxeto destas bases, é a participación de todas aquelas persoas en calidade de clientes ou consumidores que desexan participar no pobo de Ares co fin de apoiar, ao comercio e á súa hostalería local. 2-        PROCEDEMENTO: O Concello […]

SENDAres 2023 – TEMPADA I DE OUTONO A PRIMAVERA

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: Ruta 9: Senderismo polo Golfo Artabro https://forms.gle/bMy4bTEFzDMAoShN8 Un programa para coñecer e recoñecer o patrimonio natural dende o sendeirismo. Ruta 1: Circular do Río Belelle (23 de outubro) – Prezo: 15 euros Hora de saída en bus: 08:00 horas. Hora de chegada: 14:00 horas. Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares. […]

Hoxe mesmo, no CPI As Mirandas as nenas e nenos de 6º de primaria recibiron a segunda sesión do obradoiro Control Off, desta volta indagando nas novas masculinidades e na prevención da violencia de xénero

Coa proxección de vídeos e o debate, exploraron os elementos básicos dunha sociedade máis igualitaria! Con todo, a semana pasada tamén a rapazada de 4º da ESO mantivo un encontro sobre os diferentes comportamentos asociados á violencia machista dentro da actividade “Hai saída grazas a ti”, baixo as actuacións ofertadas pola Secretaría Xeral de Igualdade. […]

Ares inaugura a exposición #SomosQuen: Científicas preto de ti!

Alma Barrón, Olimpia Marcos e José Juan Vilar, concelleiros da localidade, veñen de inaugurar esta mañá a exposición “#SomosQuen: Científicas preto de ti!”na entrada da Alianza Aresana. A mostra, que chega grazas á colaboración co Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, debulla a experiencia de varias investigadoras […]

Últimos días para achegarte á exposición “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”

Se aínda non pasaches por diante da casa consistorial, tes ata este xoves, 24 de novembro, para botar unha ollada ó conxunto de paneis que amosan o traballo fotográfico e artístico de Xurxo Lobato; unha homenaxe ás persoas vivas que sufriron a represión franquista polas loitas obreiras na cidade naval no ano 1972. Promovida pola […]

Ares afonda na violencia de xénero vencellada á muller migrante

Especialistas en diferentes eidos (xurídico, social, psicolóxico…) achegan durante todo o día de hoxe, dende as 10:30 ata as 18:30 horas, unha visión completa desta problemática dentro da ampla xornada que organiza o Concello no municipio. O salón de actos da Alianza Aresana convértese no epicentro da Xornada de Violencia de Xénero e Muller Migrante […]

O Concello pon en marcha a terceira ruta do SendAres 2022-2023

As persoas interesadas poderán inscribirse dende mañá, 22 de novembro, ás 18:00 horas, ata o 8 de decembro, con 25 prazas asignadas e un prezo de 15 euros. Prográmase unha saída á costa de Dexo para o 18 de decembro, un espazo con calas sorprendentes e interesantes formacións xeolóxicas. A Concellaría de Deportes vén de […]