O Centro de Saúde de Ares continúa coas charlas mensuais impartidas polos seus profesionais

Este mércores, 23 de novembro, as instalacións do Centro de Saúde aresán acollerán unha nova iniciativa divulgativa, desta volta poñendo o foco no solo pélvico. Será Mónica Benasach García, matrona na nosa localidade, a que achegará información a todas as persoas interesadas ás 13:00 horas do mércores. Podes inscribirte á charla no mesmo mostrador do […]

O Concello de Ares percibe unha axuda para a execución do proxecto “CAMIÑO ESCOLAR SEGURO: TREITO PASEO MARÍTIMO – RÚA REAL – C.E.I.P. AS MIRANDAS”

O Concello de Ares percibe unha axuda por importe de 39.971,74 € para a execución do proxecto “CAMIÑO ESCOLAR SEGURO: TREITO PASEO MARÍTIMO – RÚA REAL – C.E.I.P. AS MIRANDAS” cun importe que ascende a 48.365,81 € IVE Incluído), financiado ao amparo da Convocatoria de Axudas para a realización de accións destinadas á promoción de […]

BASES I EDICIÓN DO PREMIO DE NOVELA CURTA “ALEN” CONCELLO DE ARES

BASES DA CONVOCATORIA 2022 /2023 As bases reguladoras deste premio foron aprobadas na Xunta de Goberno municipal do Concello de Ares o 09.11.2022 e publicadas no BOP da Coruña do 17 de novembro de 2022 Poderán concorrer ao certame de novela curta todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade e/ou residencia. Os/as participantes […]

O Concello convoca a primeira edición do Premio Novela Curta Alén

A concelleira de Cultura de Ares, Alma Barrón, e Laura Rodríguez, directora de Hércules de Ediciones, editorial colaboradora, veñen de presentar un certame literario que recibirá manuscritos de entre 80.000 a 140.000 caracteres, incluíndo espazos, ata o 15 de maio de 2023. O premio será único e indivisible por un valor de 2.000 euros, amais […]

O próximo luns, 21 de novembro, poderás achegarte a unha visión integral da violencia de xénero que sofre a muller migrante da man de múltipes especialistas na materia

Esa é a proposta da xornada que organiza o Concello nas instalacións da Alianza Aresana tanto en horario de mañá coma de tarde, incluíndo 4 conferencias e 1 faladoiro para afondar nas particularidades desta problemática dende o eido psicolóxico, xurídico ou social! Lembra que a asistencia é gratuíta, mais precisa de inscrición previa vía telemática […]

Durante esta mañá, as nenas e nenos de 6º de primaria do CPI As Mirandas traballaron no colexio público nalgúns elementos básicos para o desenvolvemento humano dende a coeducación!

Baixo o marco da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, afondaron nos modelos positivos de convivencia: aqueles que se fundamentan no respecto das diferencias entre persoas no día a día. Rubén Villar Trenco, psicólogo da USC e Axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller, guiou á rapazada […]

O Concello e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) promoven en Ares a exposición “#SomosQuen: científicas preto de TI”

O hall da Alianza Aresana acollerá dende o martes, 22 de novembro, data da inauguración, ata o 2 de decembro unha mostra de 9 investigadoras tecnolóxicas en diferentes fases da súa carreira que reflexionan sobre o seu papel coma mulleres e científicas do CiTIUS da USC. “Non te conformes”, “Nada é difícil se che gusta”, […]

Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 15 de novembro, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores de lixo habituais. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes.

Ruta do SendAres completada!

Onte, os sendeiristas que se animaron a sumarse á ruta do programa municipal da Concellaría de Deportes, SendAres, exploraron os muíños de Esmelle e o mirador de Pedrouzo. Descubriron o seu pequeño val e os regatos que desembocan na praia de Esmelle, mais tamén gozaron das vistas do mirador, onde aínda fica un antigo búnker […]

XORNADA DIVULGATIVA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO E A MULLER MIGRANTE 2022

  XORNADA VIOLENCIA DE XÉNERO E MULLER MIGRANTE CONCELLO DE ARES LUNS. 21 DE NOVEMBRO ÁS 10:00 H.   As inscricións para asistir ó evento xa están abertas á veciñanza aresán e outros interesados/as, sendo totalmente gratuítas e facéndose telematicamente en https://anotame.es/ares/.      10:00 A 10:15 RECEPCIÓN    10:15 A 10:30 INAUGURACIÓN DAS XORNADAS Julio Ignacio […]