Finalizan os traballos de reparación da cuberta da cociña no Mosteiro de Santa Catalina

As obras recuperaron o estado orixinal da propia cuberta do cenobio anterior á reforma de carácter militar e supuxo o arreglo dunha superficie de 162 metros cadrados. A maiores do planificado no proxecto inicial, durante a actuación atopáronse elementos con valor patrimonial: letrinas orixinais, un forno ao carón da cambota e a canalización antiga dende […]

Ares e Mugardos renovan o equipamento deportivo do Complexo Acuático do Castro

Ao longo desta semana instaláronse tres bicicletas elípticas, tres bicicletas estáticas e tres cintas de correr na súa sala de ximnasio As instalacións do Complexo Acuático do Castro, de titularidade compartida entre os Concellos de Ares e de Mugardos, contan dende os inicios desta semana con nova maquinaria no seu ximnasio, tras a renovación acometida […]

Un centenar de nenos e nenas súmanse ó Concurso de Castelos de Area municipal

A vixésimo segunda edición desta iniciativa volveu á praia do Xuncal despois da interrupción por mor da pandemia. Preparados coas palas, os cubos e a compañía dos monitores e monitoras, a mocidade da vila achegouse ata a praia do Xuncal para participar no XXII Concurso de Castelos de Area promovido pola Concellaría de Cultura e […]

AVISO: Corte de Auga 12-08-2022

O Servizo Municipal de Augas informa de que mañá, venres, 12 de agosto, se procederá á interrupción temporal do subministro desde as 08:30 horas ata a finalización das obras de reparación dunha fuga. O corte abarcará o núcleo rural de Seselle e na marxe dereita da estrada DP0401 (Ares- Redes) desde o cruce da avenida […]

Unha Praza do Pedregal repleta para ver o desfile da marca Chula Fashion!

O traballo de Laura Fontán e Diego Cortizas despregouse onte coa súa característica variedade de formas, cores e deseños e poñendo en relación a cultura española coa vietnamita. Unha mostra de moda que se basea, ademais, no concepto “slow fashion” e na produción sostible, ética e inclusiva. O desfile foi tamén unha homenaxe a Diego, […]

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2022-2023 MÓVETE!

– PILATES (+14 ANOS) ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala de Usos Múltiples. CANDO: Luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas. Martes e xoves de 9:30 a 10:30 horas. PREZO: 19,52 € – IOGA 1 (+14 ANOS) ONDE: Na Casa da Xuventude. CANDO: Luns e mércores de 11:00 a 12:30 horas. PREZO: 22,23 […]