Obradoiro de manualidades, debuxo e visita á praia nos primeiros compases do “ConciliAres”

A programación das actividades lúdico-educativas do servizo de conciliación laboral e familiar do municipio, o ConciliAres, centrouse durante estas últimas xornadas no desenvolvemento das habilidades artísticas e manuais, mais incluiu tamén unha exploración do patrimonio natural da vila. A semana arrancou con obradoiros de pintura de mans e confección de mariposas cos aspectos positivos dos […]

O Concello inicia o balizamento dos areais do municipio

O edil de Seguridade, José Juan Vilar, vén de informar dunha das principais accións da súa área de traballo que se están a acometer nestes días: o proceso de balizamento das praias da localidade, que arrancou xa a fin de semana pasada coa colocación provisional no posto de socorrismo próximo ó paseo marítimo da vila […]

Onte o día finalizou a ritmo de zumba!

Coma acontecerá cada xoves deste mes, na Praza da Constitución tivo lugar a primeira sesión gratuíta desta disciplina de fitness que forma parte do “Móvete VeraneAres”. As clases de zumba e baile latino ao aire libre para maiores de 12 anos volverán a próxima semana. Chama ao 981 448 057, de luns a venres, de […]

O sábado, 23 de xullo, tedes unha cita co deporte na ría!!

Chega a XXV Travesía a Nado á localidade cun maior número de categorías para participar e mantendo o seu carácter popular. Lembra que se desexas participar as inscricións xa están abertas de maneira telemática a través do seguinte formulario: https://forms.gle/J2kq7reWHxiN46p79. Con todo, o mesmo día da proba habilitaranse 25 prazas, que se cubrirán por orde […]

Avanzan as obras de mellora no paseo anexo á praia do Xuncal

Tras a retirada da madeira en mal estado que compoñía a senda e a rampla de entrada e saída ó areal urbano, a Concellaría de Urbanismo vén de informar dos avances que se están a realizar na obra de mellora da accesibilidade e posta en valor da contorna da praia do Xuncal, no núcleo de […]

Cine de verán: unha aposta segura para todos os públicos no verán de Ares

Onte se proxectou a primeira película das tres que recalarán no municipio ao longo deste mes e o seguinte, desta volta con “Padre no hay más que uno 2”. O ciclo de proxeccións de películas durante o período estival iniciou onte a súa programación na Praza da Constitución da vila con éxito e boa afluencia […]

Cine de verán: unha aposta segura para todos os públicos no verán de Ares

Onte se proxectou a primeira película das tres que recalarán no municipio ao longo deste mes e o seguinte, desta volta con “Padre no hay más que uno 2”. O ciclo de proxeccións de películas durante o período estival iniciou onte a súa programación na Praza da Constitución da vila con éxito e boa afluencia […]

O Concello presenta a nova edición do Ares Indiano

O evento ampliará un día a súa programación –do venres, 19, ao domingo, 21 de agosto–, apostará por novos servizos, como a posibilidade de alugar traxes de época, e manterá a política de descentralización de actividades polo municipio. O alcalde da localidade, Julio Iglesias, a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e a edil de Turismo, […]

O Móvete VeraneAres comeza coas súas sesións de baile latino

A Praza da Constitución de Ares acolleu onte a primeira clase de baile latino inscrita dentro da programación estival do Concello “Móvete VeraneAres”. Xullo e agosto serán meses para o movemento, a música e o deporte a través da actividade organizada onte e a sesión que haberá mañá, 7 de xullo, desta volta de zumba. […]