Aberto o prazo de preinscrición nos campamentos deportivos da Deputación

O organismo provincial vén de convocar o programa de campamentos de verán, que se desenvolverá entre o 26 de xuño e o 29 de xullo repartidos en cinco quendas segundo os concellos da Coruña. O Concello de Ares dispón de 4 prazas para mozos de entre 9 e 14 anos, na quenda comprendida entre o […]

Arrancan os traballos de mellora do acceso á praia do Xuncal dende os Castros

A intervención afectará ás escaleiras, a senda e a rampla de entrada e saída ó areal urbano, con deficiencias no estado da madeira que as conforman O importe dos traballos ascende a 49.421,60 euros, sufragados entre o GALP Ártabro Norte e as arcas municipais. A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar o inicio das obras […]

QUERE O TEU MERCADO 2022

Unha campaña para incentivar o consumo local – Xoves 26 de maio Prográmanse varias visitas de escolares ós praceiros para coñecer os seus postos e o seu traballo: que fan, como, que implica a compra de proximidade… Haberá unha colocación de debuxos de 1º e 2º de primaria para crear os murais de “Quere o […]

Ares súmase á campaña internacional “Quere o teu mercado”

O Concello de Ares ven de adherirse á campaña internacional “Quere o teu mercado” promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos, coa que se pretende apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras. No caso da […]

A área de Igualdade e Benestar lembra que o prazo de inscrición no servizo de conciliación laboral e familiar, “ConciliAres”, rematará o próximo martes, día 31.

O ConciliAres destínase a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, habilitándose 40 prazas por quincena, durante os meses de xullo e agosto. Para formalizar a inscrición, deberá achegarase a documentación requirida no Departamento de Servizos Sociais da localidade, en horario de 9:00 h. a 14:00 h., ou por rexistro […]

Quinta ruta do SendAres completada!

Tras as anteriores rutas de Doniños-A Graña; Naharío-Penas Louseiras; Soaserra- Caaverio e Costa de Ares-Chanteiro; o programa municipal SendAres vén en completar a súa planificación deportiva en canto ás rutas da tempada de inverno a primaveira, coa realización da súa quinta expedición a pasada da fin de semana por terras da Costa da Morte. Así, […]

Entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos

A Alianza Aresana acolleu na tarde de onte o acto de entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, promovido polo Concello e o CPI As Mirandas, enmarcado dentro da programación cultural das Letras Galegas e no que participaron un total de 104 alumnos, divididos en dúas modalidades, a de “Primaria” (4º, […]

A fin de semana supuxo o peche da programación cultural das Letras Galegas 2022

O grupo A Tajea ofreceu o sábado na Alianza Aresan un concerto co seu característico selo, poñendo coas súas letras un aire novo e fresco á música tradicional. Mentres o domingo tocou saír de viaxe a Cedeira para asistir á obra teatral “Ás oito da tarde, cando morren as nais”; unha peza escénica cunha ollada […]